Apocalyptic Boredom

Por Que Non Podemos Esperar

Galician translation of "Why We Can't Wait."
Lyndon Baines Johnson Library and Museum

This article is available in:

Unha metodoloxía e filosofía da revolución non nace nin se acepta da noite para a mañá. Desde o momento en que xorde, é sometida a rigorosas probas, oposición, desprezo e prexuízo. A vella escola dentro de calquera sociedade sente molesta ante os novos métodos, pois a vella escola leva postas as condecoracións e medallas gañadas por librar a batalla do xeito aceptado. A miúdo, a oposición vén non só dos conservadores, quen se apegan á tradición, senón tamén dos militantes extremistas, que non apoian nin o vello nin o novo.

Moitos destes extremistas mal interpretan a relevancia e a finalidade da non violencia porque non chegaron a decatarse de que a militancia é tamén a nai da vía non violenta.

Das esquinas da rúa chegan furiosas exhortacións e chamadas de axitación para que o Negro ármese e vaia adiante e faga batalla, e iso estimula un forte aplauso. Pero cando o aplauso morre, os axitados e os axitadores volven ás súas casas e vanse á cama, unha noite máis, sen progreso á vista.

Non poden resolver os problemas que enfrontan porque non ofreceron outro desafío que a chamada ás armas, a que eles mesmos non están dispostos a liderar, sabendo que a súa recompensa sería a morte.

Non poden resolver o problema porque buscan superar unha situación negativa mediante medios negativos.

Non poden resolver o problema porque non conseguen mobilizar cara a unha acción continua aos grandes grupos de xente, necesarios para chamar a atención e transmitir a determinación da maioría. Os conservadores que din «non vaiamos tan rápido», e os extremistas que din «imos e azoutemos o mundo», diranvos que están cada un en polos opostos. Pero existe un sorprendente paralelismo: ningún consegue nada (pois non chegan ás persoas que teñen unha apremiante necesidade de ser libres).

Decidiramos limitar os esforzos dos primeiros días ás sentadas. Estar preparados para unha resistencia prolongada, sentimos que era mellor comezar modestamente, cun número limitado de arrestos por día. Que ao racionar as nosas enerxías deste xeito, favoreceriamos a construción e o dramatismo dunha campaña crecente.

En efecto, as primeiras manifestacións non foron espectaculares, pero estiveron ben organizadas. Operando segundo un plan meticuloso, pequenos grupos mantiveron unha serie de sentadas fronte aos mostradores dos centros comerciais e farmacias.

Cando se lles dixo de retirarse e eles negáronse, detivéronos amparándose na ordenanza local de «violación baixo aviso previo». Para a noite do venres, non houbera alteracións dignas de mención. Evidentemente, nin Bull Connor, o segregacionista inspector de policía de Birmingham, nin os comerciantes esperaban que deste silencioso comezo florecese unha operación a gran escala.

Nunha dramática ocasión, ata os homes de Bull Connor alertáronse. Era unha tarde de domingo, cando varios centenares de Negros de Birmingham decidiran manter un encontro de oratoria preto do cárcere municipal. Congregáronse na igrexa de New Pilgrim Baptist, e iniciaron unha tranquila manifestación. Bull Connor ordenou sacar aos cans policía e disparar auga de mangueira a presión.

Cando os Negros aproximáronse á fronteira entre as zonas de negros e de brancos, Connor ordenoulles que desen media volta. O reverendo Charles Billups, que lideraba a marcha, negouse educadamente. Enfurecido, Bull Connor volveuse rapidamente aos seus homes e gritoulles:

«Maldita sexa. Acendede as mangueiras»

O que ocorreu nos seguintes 30 segundos foi un dos sucesos máis fantásticos na historia de Birmingham. Os homes de Bull Connor, coas súas mangueiras listas para a acción, puxéronse fronte aos manifestantes. Os manifestantes, moitos deles de xeonllos, miraron cara atrás, sen medo e sen moverse. Lentamente, os Negros levantáronse e comezaron a avanzar. Os homes de Connor, coma se estivesen hipnotizados, se replegaron, coas mangueiras colgando, inútiles, nas súas mans; mentres, varios centos de Negros avanzaron ante eles, sen maior interferencia, e mantiveron o seu encontro de oratoria como estaba previsto.

Cos cárceres enchéndose e a abrasadora mirada do descontento nacional centrada en Birmingham, Bull Connor abandonou a súa postura de non violencia. O resultado foi unha fealdad amplamente coñecida polos estadounidenses e por todo o mundo. Os xornais do 4 de maio mostraban imaxes de mulleres prostradas e sobre elas policías inclinados coas súas porras no alto; de nenos sendo alcanzados polos afiados cabeiros dos cans policía; da presión terrible do chorro das mangueiras, varrendo corpos pola rúa.

Este foi o instante de maior tensión para nós, e o valor e a convicción daqueles estudantes e adultos fixeron del o noso mellor momento. Non contraatacamos, pero non demos media volta. Non deixamos paso ao resentimento. Uns poucos espectadores, que non se adestraron na disciplina da non violencia, reaccionaron á brutalidade da policía lanzando pedras e botellas. Pero os manifestantes permaneceron non violentos. Ante esta mostra de determinación e valentía, provocouse unha profunda conmoción na conciencia da nación e, en todo o país, a nosa loita converteuse na loita dos estadounidenses respectables de todas as razas e credos.

Martin Luther King, Jr., Why We Can't Wait

En 1967, Martin Luther King lanzou a campaña dos Pobres, un movemento multirracial que recorría ao poder da non violencia para resolver a inxustiza económica. Dous mil persoas pobres marcharon en Wáshington D.C., reclamaron postos de traballo, a cota do paro, un salario mínimo xusto e acceso á educación. Seis meses despois asasinaron a King.

Translated by the Translator Brigades[email protected]