The Philosophy Issue

Negociando o fin dos tempos

Por favor avísenme. Achéganse os playoffs.
Camille Seaman, Stranded Iceberg, Cape Bird, Antarctica 2006

This article is available in:

Cada xeración ten a súa apocalipse. Pode ou non ser real, pero se algunha vez invadiuche a sensación de que nada vai evitar que a túa sociedade caia no abismo dalgún tipo de destrución, é probable que che atopes no medio dun.

Xesús de Nazaret aseguraba estar vivindo no fin dos tempos, e que o anticristo camiñaba ao seu lado. Houbo cidades medievais enteiras arrepentíndose dos seus pecados cando a peste bubónica matou un terzo da poboación europea, porque a xente estaba convencida de que chegara o xuízo final. A primeira guerra mundial, a Guerra que terminaría con todas as guerras, plantou as sementes dunha aínda peor. Durante os conflitos que se deron logo da Gran Guerra entre a Unión Soviética e Estados Unidos, o mundo estaba tomado polo terror ante o prospecto de que un bufón nun traxe puidese mandar ao mundo directo á Mega-Morte. En 2011 hai aínda máis apocalipse de onde escoller, unha cornucopia de posibilidades para o fin dos tempos: meteoritos, profecías antigas, ventos solares, calendarios Maias, magnetismo terrestre revertido, cambio climático, extinción das especies, e así. Ti escolle. Para ter certa perspectiva sobre todas estas opcións, podes preguntarche, que teñen en común o anticristo, o inverno solar, o fin da guerra, e o fin do mundo?

Que nunca pasaron.

Talvez agora estaste preguntado porqué.

Hai tantas razóns para este augafestas catastrófico como hai xeitos de cruzar o punto de non-regreso, pero talvez ningunha é tan importante como a idea de que un boleto de primeira fila para o Armagedón é a viaxe de ego máis grande que pode haber, e que, pois, aos humanos gústanos sentirnos especiais. Non hai moitas cousas que poidan substituír a importancia única que un pode sentir ao estar vivindo o fin dos tempos. Talvez por iso o fin sempre está sobre nós.

A pesar de diagnósticos que apuntan ao contrario, no século XXI os humanos poden aguantar máis que nunca antes. En realidade, a humanidade nunca afrouxou o paso desde que deixou o Gran Val do Rift e liquidou aos Neandertales. Hoxe, como os compañeiros de Cromañón, case todo o que non é humano estase morrendo. Isto é motivo para reflexionar sobre a urxencia da nosa época, talvez ata razón suficiente para considerar un mesmo argumento para a situación do século XXI. No pasado, o gran medo da humanidade era a morte da humanidade. Agora, con todo, é a morte pola humanidade -- unha morte lenta cada vez que alguén prende a calefacción, cada vez que lle pon un cueiro de usar e tirar a un neno, cada vez que alguén lle pon carburante ao seu coche, cada vez que alguén vai a un concerto. Talvez toda esa mitoloxía grega de matricidio e parricidio é profética no canto de alegórica. Talvez o fin só está nas nosas cabezas.

Detrás do vapor do meu café quente (orgánico, crecido na sombra, de intercambio ético, eco-amigable, que protexe aos paxaros, que axuda ás comunidades que o cultivan, de salario xusto, producido en cooperativa, en igualdade de xénero, prol-sindicato) podo ver o novo complexo residencial Verde. Pregúntome, cal debería ser a miña actitude cara a isto? Máis xente, buscando usar menos recursos, intentando, paradoxalmente, consumir ata saír do Ciclo. Cada torre está marcada cun slogan como Val da Natureza, Cañada Primavera, Vista Alpina, Vida en Comunidade, Campo na Cidade. As miñas rúas teñen ata vertedoiros que din "Mantén bonito Vancouver". A intención non é irónica.

Paseime semanas buscando algo inspirador que dicir sobre o ecocidio, pero terminei nun sitio de estatísticas de hockey, interiorizando a historia dun equipo débil canadense que intenta chegar aos playoffs. Os resultados destes últimos polo menos daban a impresión de estar facendo algo.

Cando BP logra beneficios en menos dun ano, despois do máis grande desastre ambiental na historia de EU --e non hai ninguén no cárcere-- dáste conta de que o marco legal vixente respecto ao medio ambiente non está funcionando. Cando os sistemas tradicionais de propiedade de terras --os últimos vestixios de Comunidade-- están sendo erosionados en favor da privatización e a utilidade, o paradigma vixente está errado.

É posible que eventualmente a humanidade poña o ecocidio e o xenocidio no mesmo nivel? É posible que o paradigma cambie e eu diga "esta terra é parte de min"? Recentemente, o Ecuador recoñeceu dereitos de Lei Salvaxe* na súa constitución, leis que din que un arroio ten o dereito de fluír.

Leis que poderían rehabilitar o concepto de simbiose, limpándoo de asociacións co parasitismo -- se é que "parasitismo" é unha palabra. Dos dereitos vén a imposición, e da imposición vén a criminalidade. Polo menos a grandes liñas. O que Ecuador fixo ao recoñecer os dereitos da Pachamama, a nai terra, pode ser ou o principio dun novo mundo que rexeita o antropomorfismo na Lei, ou unha progresión na espiral do lavado verde do vello mundo. Que Ecuador nin sequera poida protexer aos seus cidadáns de Chevron, faime inclinarme pola primeira.

Pero podo ver algo máis alá dos xardíns comunitarios nas azoteas dos novos edificios do meu barrio. Pasou fai case tres anos. En setembro de 2008, seis activistas do medio ambiente foron declarados inocentes nunha corte londiniense por dano a unha planta eléctrica de carbón. O xurado aceptou o argumento de "escusa lexítima". É o principio legal segundo o cal unha persoa pode danar propiedade se isto é para evitar dano maior a outras propiedades. Os activistas argumentaron que a fábrica facía máis dano ao medio ambiente que o que o graffiti fíxolle á planta. O xurado estivo de acordo.

Os titulares dixeron: "LUZ VERDE Á ANARQUÍA"

Pasaron tres anos e nada desde entón.

Por favor avísenme. Achéganse os playoffs.

—Darren Fleet

Translated by the Translator Brigades[email protected]