The Carnivalesque Rebellion Issue

Mozos rebeldes de usar e tirar

Teds, mods, rockers, hippies, skinheads, punks, hipsters ... e agora que?
Joe Szabo

This article is available in:

A

Ao longo dos últimos trinta anos aproximadamente, a maior parte da xente elixiu perseguir a recompensa da conformidade en lugar dos froitos da revolución. O que deixaron consigo son desagradables e estúpidas vidas, desagradables e estúpidos lugares e un planeta xusto ao fío da destrución polos esforzos do capitalismo en seguir alimentándolles con novas promesas de felicidade de usar e tirar.

Con todo, o pensamento de que un está desperdiciando a súa vida non é un pensamento agradábel, e os cidadáns respectables, onde queira que estean, percorreron grandes distancias para evitalo. Erixiron elaboradas arquitecturas de mentiras e auto-decepcions nun intento de persuadirse a si mesmos, e ao resto, de que os seus traballos non son insignificantes bobadas dirixidas por desdeñosos xefes a fins absurdos, que as súas familias non son abatidos búnkeres de mutuo desdén e confinamento compartido, que o seu lecer e as súas amizades non son coleccións de xogos inconsecuentes e intereses insustanciais, que as súas vacacións non son valeiras camiñadas a través do saqueo, que as súas formas de pensar evitan a vulgaridade común e non son totalmente falsas, que os seus praceres non son terriblemente pequenos.

Aférranse a estas ilusións con feroz desesperación; pero toda esta asemblea de pantasmas mentireiras e parodias horrorosas é unha asemblea fráxil, e está ameazada polas incursións da delincuencia. Ata tal punto que a delincuencia prevén aos cidadáns respectables de percibirse erroneamente a si mesmos como persoas felices e libres, bendicidas por enriquecedoras experiencias, e que continúan crecendo como persoas; isto provoca a súa furia. Ameaza con quitarlles o pouco que teñen e substituílo con nada. Ameaza con por lles cara a cara coa pobreza da vida cotiá que estivo dunha forma ou outra todo o tempo.

Desde a Segunda Guerra Mundial, o avance do capitalismo - e a procura da satisfacción a través do consumo que promove - xerou unha longa serie de revolucións xuvenís de usar e tirar. Esta serie inclúe teds, mods, rockers, hippies, skinheads, punks, a cultura das raves e o mundo do hip-hop e o rap. Cada unha delas propón a súa particular disposición de roupa, música, drogas e condutas como unha auténtica e exática alternativa á miseria dos traballos con pouca especialización necesaria, ou sen ela, e as formas de vida que perseguen as xentes honestas e conformistas.

Realmente, onde a tendencia principal de emprego e o comercio han, máis ou menos, abandonado un area - como o fixeron con cada ghetto en Norte América - a cultura e a criminalidade de moda poden parecer os únicos medios dispoñibles para evitar a pobreza e obter un sentimento de dignidade.

Pero ningunha destas rebelións supuxeron a mínima saída do dominio global da comodidade e a súa lóxica. Só serviron para asimilar máis novos en modelos aínda máis externos de pensamento e acción, en máis ondas de cómodo consumo e produción. Os delincuentes de hoxe en día seguen estancados no seu proceso pseudo-rebelde.

Considerade, amigos meus, a súa roupa deportiva, as súas zapatillas, gorras e xoiería; as formas nas que camiñan, falan, loitan, follan e colócanse; e a súa visión sobre o que consiste a boa vida. Todo isto non revela ata que punto buscan gañar status e pracer ao actuar, variando un pouco segundo onde se atopen, en función duns prototipos de ganster globais que a sociedade dominante ensinoulles?

"Probablemente hai pouco que facer coas películas de mafias que vemos. Como banda cunha chea de droga ou diñeiro. Eles teñen as drogas, os mellares coches e as nenas, ese tipo de cousas … Maiormente nós sacámolo de pelis e ese tipo de cousas." - Un sueco adicto á heroína.

Cosiderade, tamén, a súa implicación, íntegra e nerviosa, cara á aprobación visible dos seus amigos. Non mostra como o individuo está suxeito ao dominio colectivo? A pesar do seu desafío, os delincuentes viven esencialmente de forma moi parecida a como o fan os demais. Asimilarse a si mesmos baixo a imaxe externa da boa vida - e someterse á colectividade - é unha forma perfectamente común de existencia alienada na sociedade existente. Os delincuentes están equivocados ao asociar este estado das cousas con autonomía, excitación, astucia e liberdade. Poden comprar fráxiles autoestimas, palmaditas nas costas e aceptación. Poden, ata, asegurarse precarios modos de supervivencia. Pero pagan por iso coa común alienación dun mesmo.

Wayne Spencer, significantfailure.blogspot.com

Translated by Translator Brigades[email protected]