A xente está espertando

É hora de rexeitar a imaxe da nosa cultura do narcisismo

Nylon, March 2009

A xente estase espertando. As persoas din: nin un día máis. Isto é o que marca o límite.

This article is available in:

Están desexosos de implicarse e estano facendo. Os seus desexos de cambiar o mundo están pasando de ser o ogallá dun luns pola mañá a converterse en accións tanxibles. Están comezando a entender o activismo non como algo que se leva a cabo en encontros e protestas sen ánimo de lucro, senón como un modo de vida, unha elección persoal e espiritual. Como última saída, é a decisión de rexeitar o camiño da nosa cultura cara ao narcisismo. É unha visión que rexeita a moderna filosofía de consumo de que a felicidade provén da acumulación de bens materiais e da procura do interese particular. É o descubrimento de que a alegría de conectar coa natureza imponse á de adquirir obxectos custe o que custe.

Somos animais sociais. Ansiamos conectar e comunicarnos. Anhelamos unha identidade ampla e aglutinadora que nos conecte con toda a Humanidade. Non só coa nosa familia e amigos, non só coa nosa cidade, o noso país ou a nosa especie, senón con cada ser vivo da Terra, planta, animal ou humano.

É unha nova filosofía e, talvez, unha moi antiga. E conduce á máis profunda e significativa clase de felicidade que un poida experimentar. Adopta a felicidade dos outros como propia e incita a compartir os seus sufrimentos.

Non se pode comprar este tipo de felicidade nun comercio, non se pode conseguir ao superar o último nivel dun videoxogo. Non se pode atopar no fondo dunha pipa nin no dunha botella. Tampouco se atopa contemplando espectáculos deportivos, nin vestindo determinadas roupas ou conducindo certos coches. Non se atopa ao conseguir unha titulación académica nin por ter un salario máis alto. Provén directamente da percepción definitiva e profunda de que eu mesmo e os outros non existimos como entidades illadas. Estamos interconectados con todo o demais. Todos somos todo.

Tim Hjersted, Films For Action.

Translated by the Translator Brigades[email protected]