Adbusters

Un «momento Tahrir» en Wall Street

Xurdirán acampadas populares nos barrios financeiros de todo o mundo?

O sábado 17 de setembro moitos de nós sentímonos sobrecollidos ao ver como 5.000 estadounidenses se desprazaban ao distrito financeiro do sur de Manhattan brandindo mensaxes, despregando pancartas , tocando percusión, coreando consignas e comezaban a marchar cara á «Gomorra financieira» da nación. Prometeron que «ocuparían Wall Street» e que «xulgarían os banqueiros», pero a policía de Nova York frustrou os seus intentos temporalmente ao bloquear a simbólica rúa con barreiras e puntos de control. Lonxe de desalentar, os manifestantes deron voltas ao redor da zona antes de manter unha asemblea popular e establecer un campamento semi permanente de protesta no parque de Liberty Street, a tiro de pedra de Wall Street e a unha mazá de distancia do Banco da Reserva Federal de Nova York.

Alí pasaron a noite 300 persoas. Varios centenares de reforzos chegaron ao día seguinte e no momento de redactar este artigo, os acampados están unha vez máis desenrolando os seus sacos de durmir. Cando tuitearon ao mundo que estaban famentos, unha pizzería próxima recibiu 2.800 dólares en pedidos para levar nunha soa hora. Animados por unha vaga de solidariedade internacional, estes estadounidenses indignados din que estarán aí para recibir os banqueiros cando a bolsa de valores abra o luns. Parece que, por agora, a policía non pensa que poida detelos. ABC News informa de que «aínda que os manifestantes non teñen un permiso para a concentración, di o departamento da policía de Nova York que non teñen plans de botar a eses manifestantes que parecen decididos a permanecer nas rúas», os organizadores ao pé do canón cóntannos: «estámonos atrincheirando para ocupar a longo prazo». O mundo agora está mirando e pregúntase: Podería ser esta a faísca dun «momento Tarhir» en EEUU?

O movemento #OCCUPYWALLSTREET inspirouse nas asembleas populares de España e xurdiu como concepto por un póster a dobre cara no número 97 da revista Adbusters, pero foi encabezado, orquestrado e consumado por activistas independentes. Todo comezou cando Adbusters pediu á súa rede de «axitadores culturais» (culture jammers) que asulagasen o sur de Manhattan, levantasen tendas, cociñas, barricadas pacíficas e que ocupasen Wall Street durante uns poucos meses. A idea callou de forma inmediata en todas as redes sociais e activistas non subscritos fixéronse coa proposta e construíron un sitio web de código aberto para organizala. Días despois, reuniuse unha asemblea xeral en Nova York á que se presentaron 150 persoas. Estes activistas pasaron a ser o núcleo organizativo da ocupación. A aura mística de Anonymous impulsou a acción ata os medios de comunicación dominantes. O seu videocomunicado en apoio á acción cultivou 100.000 visitas e o Departamento de Seguridade Nacional remitiu un aviso aos banqueiros da nación. Cando, no mes de agosto, os «indignados» de España anunciaron que realizarían unha acción solidaria no distrito financeiro de Madrid, activistas de Milán, Valencia, Londres, Lisboa, Atenas, San Francisco, Madison, Amsterdam, Los Ángeles, Israel e outros tantos comprometéronse a facer o mesmo. 

Existe nas rúas do mundo un sentimento común de que a economía mundial é unha estafa dirixida por e para os Peixes Gordos das finanzas. Xente de todas partes está a espertar para se decatar de que hai algo que falla rotundamente nun sistema no que as transaccións financeiras especulativas ascenden, ao cabo de cada día, a 1.300 millóns de dólares (50 veces máis que a suma correspondente ás transaccións comerciais). Mentres, dacordo cun informe da ONU, «nos 35 países sobre os cales se dispón de datos, case un 40 % daquelas persoas que buscan un emprego pasaron máis dun ano sen traballar»

«Os directores executivos, as grandes corporacións e os ricos estanse quedando con demasiado do noso propio país, e creo que é o momento de que o recuperemos», di un activista que se uniu ás protestas este sábado. Jason Ahmadi, que viaxou desde Oakland (California), explicou que «moitos de nós sentimos que hai unha gran crise na nosa economía e boa parte diso causárono os tipos que fan negocios aquí». Bill Steyerd, un veterano de Vietnam residente en Queens, dixo: «é unha causa que merece a pena, porque a xente de Wall Street é un grupo de militaristas chuchasangue».

Non só atopamos enfado. Tamén unha sensación de que as solucións convencionais á crise económica propostas polos nosos políticos e polos economistas predominantes (estímulos, recortes, débedas, tipos de interese baixos, o impulso do consumo) son opcións falsas que non funcionarán. Precísanse cambios máis profundos... como unha taxa «Robin Hood» sobre as transaccións financeiras, reinstaurar a Lei Glass-Steagall nos EE. UU. ou implementar unha prohibición para as operacións «flash» de maior frecuencia. Hai que fragmentar aqueles bancos «demasiado grandes para fallar», reducir o seu tamaño e facer que volvan estar ao servizo das persoas, a economía e a sociedade. Os estafadores financeiros responsables do esborralle de 2008 deben ser xulgados e recibir longas condenas penais. Finalmente, queda a nai das solucións a longo prazo: unha reconsideración total do consumismo occidental que cuestiona como medimos o progreso.

Se os actuais males económicos en Europa e EE. UU. entran nunha espiral de prolongada recesión mundial, as acampadas populares converteranse entón en mobiliario fixo dos distritos financeiros e nos arredores das bolsas de valores ao longo e ancho do mundo. Ata que non se escoiten as nosas demandas e non se reforme de forma esencial o réxime económico mundial, as nosas acampadas urbanas seguirán xurdindo por todos lados.

Bravo por aquelas almas valerosas da acampada de Liberty Street en Nova York. Cada noite que #OCCUPYWALLSTREET se manteña, aumentarán as posibilidades dun alzamento mundial ben desenvolvido contra os negocios convencionais.

Traducido por Translator Brigades[email protected]

Adbusters 111 Cover

On Newsstands December 3

At last we’re in Winter. It’s the year 2047. A worn scrapbook from the future arrives in your lap. It offers a stunning global vision, a warning to the next generations, a repository of practical wisdom, and an invaluable roadmap which you need to navigate the dark times, and the opportunities, which lie ahead.

Subscribe to Adbusters Magazine

Comment on the article “Un «momento Tahrir» en Wall Street”

Displaying 1 - 1 of 1

Page 1 of 1

Windows 7

Japan in countries in the first Office 2007 global currency market intervention Microsoft Office 2007, the yen down in order to Office 2007 Download protect the interests of the Office 2007 Professional exporters. Then South Korea and MS Office 2007 have joined the ranks of Office 2007 Key intervention currency markets buy microsoft office 2007. Now almost every country in Download Office 2007 central bank intervention of Microsoft Office 2007 Professional local currency. In this purchase microsoft office 2007 context, for overseas income in the Office 2010 company overall revenue accounts for Microsoft Office 2010 heavy multinational companies, evaluation and Download Office 2010 its currency manipulation The genuine MS Office 2010 will make your work easier of Office 2010 Key company is imperative. Ceos need to Office 2010 Download remittance loss to hedge, Office 2010 Professional can carry trade financing is Microsoft Office 2010 Download also can choose to send buy microsoft office 2010 money back.
The world, the situation Windows 7 relatively stable, no matter from Microsoft Windows 7 history has become a political Angle or Win 7 economic perspective. After world Download Windows 7, or we can say to the Buy Windows 7 expansion of the stage has Microsoft office 2011 ended.

Add a new comment

Comments are closed.